NA FEIRA DO LIBRO DE SANTIAGO O MERCORES DIA NOVE DE ABRIL

.

La editorial Edelvives en su sección de literatura juvenil en gallego editó una nueva novela del escritor de Ponte do Porto, Rafael Lema. En este caso se trata de U-49, una historia de aventuras entorno a la figura de un submarino alemán histórico, el U-49, que en la I Guerra Mundial mantuvo una intensa actividad bélica en las aguas de la Costa da Morte, causando el hundimiento de números mercantes aliados, sobre todo en el año 1917. La novela fue presentada en Ferrol, en Santa Comba, y en Ponte do Porto. El martes 9 de abril a las 7 de la tarde se presentó en Santiago.

U-49

.

A editorial Edelvives na súa sección de literatura xuvenil en galego editou unha nova novela do escritor de Ponte do Porto, Rafael Lema. Neste caso falamos de U-49, unha historia de aventuras entorno a figura de un submarino alemán histórico, o U-49, que na I Guerra Mundial mantivo una intensa actividade bélica nas augas da Costa da Morte, causando o afundimento de númerosos mercantes aliados, cunha actividade principal no 1917 onde encheu os baixos do cabo Touriñán de moitos mercantes.

.
Na trama se describe o ambiente bélico nun país supostamente neutral como España na Gran Guerra , e o uso de bases como o porto de Camariñas para refuxio e aprovisionamiento dos submarinos alemáns, ou o apoio que lle daban autoridades, pesqueiros e comerciantes en Fisterra, Corme, Vilagarcía ou Vigo.

.
Como lemos na obra, nesa época, os u-bootes alemáns contaban coa protección de autoridades e comerciantes, e repartían os botíns dos mercantes capturados coa flota pesqueira da Costa da Morte e doutros puntos de Galicia que lles axudaban, facendo por tanto unha guerra de corso. Os botíns foron a panacea das economías locais e enriqueceron a non poucos mercadores en terra, e autoridades.

.
Ademais tiñan un sistema de sinais e axentes en terra como comerciantes coñecidos de Camariñas, Corme e Ponte do Porto ou o cura e o médico de Fisterra. Asi moitos dos protagonistas da novela son personases reais, algúns de sona histórica, e por suposto o eixo central da obra, o submarino que da nome a novela tamén tivo unha existencia real, foi un dos máis temibles inimigos da Mariña Inglesa nas nosas augas.

.
Rafael Lema indica que os submarinos xermanos salían desde portos da provincia coruñesa e navegando en superficie daban o alto aos mercantes que pasaban polas nosas aguas. Tras desvalixalos, enchían de mercancías os barcos pesqueiros galegos que tiñan sempre a sua estela, e deixaban que os náufragos abandonaran os mercantes asaltados antes de colocar minas na cuberta para afundilos.

Inglaterra sufriu moito pola guerra submarina, e perdeu ducias de barcos na Costa da Morte. A práctica dos convois con destructores de escolta, o uso xa de avións, e unha campaña intensa dos ingleses contra os submarinos mermaron a capacidade da arma submarina. Os ingleses incluso ameazaron con bombardear zonas como a Costa da Morte por darlle cobertura aos mariños alemáns.

.
Cando se inicia o tempo desta novela xa os submarinos non causaban moito dano ós convois e estaban moi limitados, traballando en solitario e ocultos.

A trama de U-49 parte da chegada a unha ría da Costa da Morte dun xove bretón, Morís Nil, huido do fronte, que se refuxía con un tío, Legrand, que vive nunha ría galega, socio dos alemáns nun país neutral e gran amigo do komandant del citado sumerxible. O mozo bretón coñecerá novas amizades na Costa da Morte, como Iria e Irene y se verá envolto nunha trama de espionaxe e nunha misión na que están envoltos os protagonistas da guerra. E unha misión onde vemos mariños alemáns, espías ingleses, e onde se xoga unha parte do futuro da guerra e de Europa.

Moitos dos personases son xente coñecida, existiron realmente, porque o eixo central da obra, ese submarino medio fantasma que entra e sae nas nosas rías primeiro a luz do día, logo oculto, tamén existiu e fui un dos quebracabezas da Armada inglesa nas nosas costas. A obra trata ante todo de crear uns personaxes e unha acción verosímil, adaptada á realidade dunha época pouco coñecida, de gran actividade comercial e social nesta comarca, axustándose a episodios históricos pero dentro da novela de aventuras clásica, con protagonistas xoves inmersos nun mundo externo conflitivo e por veces incomprensible, onde a pesar das diferenzas, da guerra e das políticas se poden trazar lazos de amizade permanentes e firmes.
A amizade e a solidariedade , a teima por parte dun grupo de mozos por cambiar a sociedade nun entorno hostil son o leit motiv da obra.

.

Costa da Morte

.
Outra liña estilística é a localización na Costa da Morte da acción, con personaxes críbles, en parte reais en parte imaxinarios, envoltos en episodios históricos e nunha etapa concreta onde a Costa da Morte foi protagonista e as costas galegas viviron un corto boom de bonanza mercantil.

.
A novela xurde como resposta a crenza de que na nosa historia ou na intrahistoria, no mais cotián, temos material abondoso para crear tramas novelescas cun sentido actual e universal, calquera mozo ou moza do rural galego, dun pobo da Costa da Morte pode vivir aventuras intensas como as que pobran as novelas xuvenis dos grandes autores de sempre: Stevenson, Verne, Salgari, Twain.

.
E a terceira novela que Edelvives publica do autor. Rafael Lema conta con 13 libros publicados de novela e poesía en galego e castelán. No veran do 2007, saiu a terceira edición da sua novela Capitán Araña (editorial Sotelo Blanco), e sacou a luz o traballo de investigación “El Camino Secreto de Santiago”, na editorial madrileña EDAF, sobre a ruta de peregrinación pre-cristiana a Fisterra y Muxía. Agora prepara unha saga de piratas e corsarios galegos en castelán para Edelvives, e unha segunda parte desta obra centrada na figura do apóstol Santiago, o mito da predicación hispana, e o seu posible enterramento en Galicia.

.

VÍA: – RAFAEL LEMA en ANOSACOSTA.ES -

.

.