PRESENTACIÓN DE LA NOVELA U-49 DE RAFAEL LEMA EN SANTIAGO

abril 15, 2008

NA FEIRA DO LIBRO DE SANTIAGO O MERCORES DIA NOVE DE ABRIL

.

La editorial Edelvives en su sección de literatura juvenil en gallego editó una nueva novela del escritor de Ponte do Porto, Rafael Lema. En este caso se trata de U-49, una historia de aventuras entorno a la figura de un submarino alemán histórico, el U-49, que en la I Guerra Mundial mantuvo una intensa actividad bélica en las aguas de la Costa da Morte, causando el hundimiento de números mercantes aliados, sobre todo en el año 1917. La novela fue presentada en Ferrol, en Santa Comba, y en Ponte do Porto. El martes 9 de abril a las 7 de la tarde se presentó en Santiago.

U-49

.

A editorial Edelvives na súa sección de literatura xuvenil en galego editou unha nova novela do escritor de Ponte do Porto, Rafael Lema. Neste caso falamos de U-49, unha historia de aventuras entorno a figura de un submarino alemán histórico, o U-49, que na I Guerra Mundial mantivo una intensa actividade bélica nas augas da Costa da Morte, causando o afundimento de númerosos mercantes aliados, cunha actividade principal no 1917 onde encheu os baixos do cabo Touriñán de moitos mercantes.

.
Na trama se describe o ambiente bélico nun país supostamente neutral como España na Gran Guerra , e o uso de bases como o porto de Camariñas para refuxio e aprovisionamiento dos submarinos alemáns, ou o apoio que lle daban autoridades, pesqueiros e comerciantes en Fisterra, Corme, Vilagarcía ou Vigo.

.
Como lemos na obra, nesa época, os u-bootes alemáns contaban coa protección de autoridades e comerciantes, e repartían os botíns dos mercantes capturados coa flota pesqueira da Costa da Morte e doutros puntos de Galicia que lles axudaban, facendo por tanto unha guerra de corso. Os botíns foron a panacea das economías locais e enriqueceron a non poucos mercadores en terra, e autoridades.

.
Ademais tiñan un sistema de sinais e axentes en terra como comerciantes coñecidos de Camariñas, Corme e Ponte do Porto ou o cura e o médico de Fisterra. Asi moitos dos protagonistas da novela son personases reais, algúns de sona histórica, e por suposto o eixo central da obra, o submarino que da nome a novela tamén tivo unha existencia real, foi un dos máis temibles inimigos da Mariña Inglesa nas nosas augas.

.
Rafael Lema indica que os submarinos xermanos salían desde portos da provincia coruñesa e navegando en superficie daban o alto aos mercantes que pasaban polas nosas aguas. Tras desvalixalos, enchían de mercancías os barcos pesqueiros galegos que tiñan sempre a sua estela, e deixaban que os náufragos abandonaran os mercantes asaltados antes de colocar minas na cuberta para afundilos.

Inglaterra sufriu moito pola guerra submarina, e perdeu ducias de barcos na Costa da Morte. A práctica dos convois con destructores de escolta, o uso xa de avións, e unha campaña intensa dos ingleses contra os submarinos mermaron a capacidade da arma submarina. Os ingleses incluso ameazaron con bombardear zonas como a Costa da Morte por darlle cobertura aos mariños alemáns.

.
Cando se inicia o tempo desta novela xa os submarinos non causaban moito dano ós convois e estaban moi limitados, traballando en solitario e ocultos.

A trama de U-49 parte da chegada a unha ría da Costa da Morte dun xove bretón, Morís Nil, huido do fronte, que se refuxía con un tío, Legrand, que vive nunha ría galega, socio dos alemáns nun país neutral e gran amigo do komandant del citado sumerxible. O mozo bretón coñecerá novas amizades na Costa da Morte, como Iria e Irene y se verá envolto nunha trama de espionaxe e nunha misión na que están envoltos os protagonistas da guerra. E unha misión onde vemos mariños alemáns, espías ingleses, e onde se xoga unha parte do futuro da guerra e de Europa.

Moitos dos personases son xente coñecida, existiron realmente, porque o eixo central da obra, ese submarino medio fantasma que entra e sae nas nosas rías primeiro a luz do día, logo oculto, tamén existiu e fui un dos quebracabezas da Armada inglesa nas nosas costas. A obra trata ante todo de crear uns personaxes e unha acción verosímil, adaptada á realidade dunha época pouco coñecida, de gran actividade comercial e social nesta comarca, axustándose a episodios históricos pero dentro da novela de aventuras clásica, con protagonistas xoves inmersos nun mundo externo conflitivo e por veces incomprensible, onde a pesar das diferenzas, da guerra e das políticas se poden trazar lazos de amizade permanentes e firmes.
A amizade e a solidariedade , a teima por parte dun grupo de mozos por cambiar a sociedade nun entorno hostil son o leit motiv da obra.

.

Costa da Morte

.
Outra liña estilística é a localización na Costa da Morte da acción, con personaxes críbles, en parte reais en parte imaxinarios, envoltos en episodios históricos e nunha etapa concreta onde a Costa da Morte foi protagonista e as costas galegas viviron un corto boom de bonanza mercantil.

.
A novela xurde como resposta a crenza de que na nosa historia ou na intrahistoria, no mais cotián, temos material abondoso para crear tramas novelescas cun sentido actual e universal, calquera mozo ou moza do rural galego, dun pobo da Costa da Morte pode vivir aventuras intensas como as que pobran as novelas xuvenis dos grandes autores de sempre: Stevenson, Verne, Salgari, Twain.

.
E a terceira novela que Edelvives publica do autor. Rafael Lema conta con 13 libros publicados de novela e poesía en galego e castelán. No veran do 2007, saiu a terceira edición da sua novela Capitán Araña (editorial Sotelo Blanco), e sacou a luz o traballo de investigación “El Camino Secreto de Santiago”, na editorial madrileña EDAF, sobre a ruta de peregrinación pre-cristiana a Fisterra y Muxía. Agora prepara unha saga de piratas e corsarios galegos en castelán para Edelvives, e unha segunda parte desta obra centrada na figura do apóstol Santiago, o mito da predicación hispana, e o seu posible enterramento en Galicia.

.

VÍA: – RAFAEL LEMA en ANOSACOSTA.ES

.

.

8 Responses to “PRESENTACIÓN DE LA NOVELA U-49 DE RAFAEL LEMA EN SANTIAGO”

  1. candelaarias Says:

    Se entiende muy bien en galego pero si alguien no… pues lo siento. A mí me gusta así.

  2. belenos Says:

    Una bonita historia sobre un tema interesante para mi, los U-Boot. ¿El libro se publica en castellano?, no es por nada, entiendo perfectamente el gallego, pero es mas comodo para mi la lectura en castellano.

    ___________________
    _____________________

    Sí, sí, en castellano, por supuesto. Ya te dije que te iba a gustar.
    Ahora dejo aquí una información complementaria acerca del escritor que creo que pronto tendrá página web. De momento no tiene.

  3. candelaarias Says:

    Escritor , xornalista e filólogo. Presidente do Centro Blas Espin de Camariñas e do grupo ecoloxista PX da Costa da Morte . Membro da agrupación ambiental internacional UICN e da Federación Ecoloxista Galega; da National Geographic Society, da Asociación Neria-Costa da Morte e da asociación de escritores AELG. Durante a marea negra do Prestige durante seis meses coordinou a acción de voluntarios na recuperación de aves feridas na costa de Camariñas e Muxía para a Federación Ecoloxista Galega.
    Autor de numerosos traballos sobre ecoloxismo (censos de lobos, estudios poblacións de arao e aves mariñas, censo fauna e flora coruñesa) e de investigación histórica, especialmente sobre naufraxios e localización e restos de barcos hundidos
    .
    .
    Actualmente traballa na prensa escrita. Foi premio de comunicación deportiva Cadena Noroeste 2002 e Primeiro Premio Nacional de Investigación Fundación Cacique Orinoco no 2003 por un estudio sobre galeons hundidos nas costas galegas, cun xurado presidido por Sebastián Alvaro , do programa al filo de lo Imposible.

    CREACION LITERARIA
    -EN GALEGO
    En poesía ten publicados
    COSTA DA MORTE. (Blas Espin. 1993) .OS VERSOS DO ULTIMO TORREIRO(Blas Espin.1993).
    CEMITERIO DAS GAIVOTAS (Espiral Maior) que foi premio Espiral Maior no 1992.
    ATLANTIDA( Espiral Maior), premio Concello de Carral 1999 .
    LUCES DE N.Y.(Esquio-Fundación Caixa Galicia). Accesit do premio Esquio 2000.
    SETE VAGAS . (Esquio-Fundación Caixa Galicia) , 2005. Accesit Premio Esquio.

    En novela publicou
    FLORES NEGRAS (Sotelo Blanco. 1998) , CAPITAN ARAÑA (Sotelo Blanco.2000) e MAREAS NEGRAS (Tambre-Edelvives. 2004).
    En 2005 publica O CLUB DO CORVO MARIÑO (Tambre-Edelvives)
    En 2008, U-49 (Tambre, Edelvives)

    -EN CASTELAN
    EL CAMINO SECRETO DE SANTIAGO (Edaf. 2007)
    ITINERARIOS POR GALICA (Anaya touring)
    Teño dous libros mais en preparacion en castelan, unha novela e un traballo sobre o Camiño de Santiago.


  4. […] unos días, leyendo a Rafael Lema, di con un concepto suyo que me maravilló. Decía en su CAMINO SECRETO DE SANTIAGO (la ruta pagana […]

  5. Alfonso Says:

    Curiosos este párrafos:

    “Como lemos na obra, nesa época, os u-bootes alemáns contaban coa protección de autoridades e comerciantes, e repartían os botíns dos mercantes capturados coa flota pesqueira da Costa da Morte e doutros puntos de Galicia que lles axudaban, facendo por tanto unha guerra de corso. Os botíns foron a panacea das economías locais e enriqueceron a non poucos mercadores en terra, e autoridades”
    Podería por un só exemplo documentado desto, por favor? (Con referencia a arquivo, caixa e/ou legaxo)

    “…os submarinos xermanos salían desde portos da provincia coruñesa e navegando en superficie daban o alto aos mercantes que pasaban polas nosas aguas. Tras desvalixalos, enchían de mercancías os barcos pesqueiros galegos que tiñan sempre a sua estela”
    Podería dar un só exemplo documentado, por favor?
    (Con referencia a arquivo, caixa e/ou legaxo)

    Entendo que falamos dunha novela, e como tal, dunha ficción. Apoiar a ficción mediante un transfondo historico real pareceme boa praxis, pero darlle a unha fantasía aires de realidade e veracidade historica, facendo comentarios deste tipo non parece nin moi axeitado nin demasiado cientifico.
    Se a cousa quedase nunha declaración fantasiosa, ficticia, estaría ben, pero utilizar a fantasia para falar de historia pareceme ben pouco serio.

    ______________________
    ____________________

    El tío es curioso. No cotillo. Curioso.

  6. Alfonso Says:

    Por certo, a banda negra que se ve na foto e das que levaban no pescozo da guerreira (ao lado esquerdo) os membros das SS (so que neste caso ten tapado o punto plateado baixo da insignia)
    A condecoración e unha cruz de ferro de primeira clase, das usadas no período 1939-1945.
    O submarino do que se fala na novela, o U-49, e da Primeira Guerra Mundial, e dicir, de 1914-1918.

    Se a “documentación historica” na que se basea a novela está tan ben investigada coma a imxe da portada, case mellor apaga e vamonos.

  7. Alfonso Says:

    Si, curioso.
    Para cotillos xa chegan abondo outros.
    Xa vexo o que fixeches coa entrada na que falaba da portada do libro. Non te preocupes, non creo que se decatasen moitos. Ainda ca é evidente.

  8. candelaarias Says:

    :))

    Me imagino que las editoriales tienen sus propios reclamos de identificación. No sé Alfonso. Yo estoy más bien poco interesada en esta novela.

    Pero puedo asegurarte que lo que he leído del autor… La Ruta Secreta de los muertos es apasionante. Y lo hace apasionante por cómo lo relata el hombre.

    Hoy me he venido con un poemario. Atlántida… cuando toque su poesía… ya te contaré
    Un saludo :))

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s